Raul Blanco e Aroa Freije proclamáronse hoxe na cidade da Coruña campións de España de Laser-Run 2017 absolutos, a pesar de que ambos son júnior. Os galegos foron moi superiores nesta modalidade deportiva, na que se combinan carreira e tiro.
No resto de categorías houbo moitas medallas galegas, cunha moi alta participación galega (60 deportistas en todas as categorías, que íab dende prebenxamín a máster). Na categoría prebenxamín masculina, Leo Sánchez conseguiu a medalla de ouro, igual que Manuel Cobas en benxamín masculino, onde Miguel Lado tamén logrou prata. En benxamín feminino, ouro para Mireia Vazquez e prata para Enya Sánchez; mentres que Jorge Sánchez foi o mellor en alevín masculino.
Na categoría infantil, ouro para Claudia Gámez e Ariadna Romero foi segunda, mentres que Alejandro Vázquez foi ouro en masculino. En cadete feminino ouro para Andrea Vázquez e prata para Paula Corredoira. En xuvenís feminina, Yolanda Rodríguez logrou a medalla de prata e bronce para Esperanza Cobas Corredoira.