ROBERTO ABRAHAM CASTELLANOS E ADRIANA BARRAZA, GAÑADORES DO XIV TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA

12 de Xullo de 2014

Roberto Abraham Castellanos e Adriana Barraza (Muralla de Lugo) proclamáronse hoxe do XIV Tríatlon Cidade de Pontevedra, clasificatorio para o Campionato Galego. En todas as probas que se celebraron hoxe en Pontevedra participaron preto de 600 deportistas.

Na proba feminina, Adriana Barraza cumpriu co previsto. Foi a terceira mellor na natación, por detrás de Paola Montes (Galaico) e a cadete Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol). Na bicicleta foron xuntas e foi no terceiro segmento, onde Adriana marcou as diferenzas para chegar a meta en primeira posición. Adriana Barraza fixo un tempo de 1:05:07, mentres que segunda foi Carmen Gómez (1:06:08) e o terceiro posto foi para Joselyn Daniela Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) a 01:06.

Na proba masculina, precioso final que se decidiu no sprint final, Antonio Serrat (TRi-Penta Terras de Lugo) comezou máis frouxo na natación, pero fixo un segmento de bicicleta espectacular (foi o mellor) que lle permitiu alcanzar ao mexicano Roberto Abraham Castellanos. Todo se decidiu na carreira a pe entre ambos deportistas, que chegaron a meta co mesmo tempo. Primeiro foi o mexicano e segundo o vigués Antonio Serrat (55:49). A terceira praza foi para Pablo Dapena (Cidade de Lugo) a 01:01.

Os gañadores doutras categorías son:

 

ü  Cadete: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Dexter Compostela)

ü  Júnior: Paula Herrero (Academia Civil – CNSO) e Antonio Serrat (Terras de Lugo).

ü  Sub 23: Adriana Barraza (Muralla de Lugo) e Ricardo Cárdenas (Muralla de Lugo).

ü  Veteranas 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Luis Alberto Paredes (Tríatlon Ferrol).

ü  Veteranos 2: José Manuel Otero (Muralla de Lugo).

ü  Veteranos 4: Manuel Cruces (Club Deportivo Pinarium).

ü  PT5: Susana Rodríguez Gacio (Cidade de Lugo Fluvial)

ü  Clubs: A.D. Fogar (feminino) e Muralla de Lugo (masculino).

 

Ademais da proba elite, houbo unha popular con distancias máis curtas e tamén se celebrou  o Tríatlon de Menores de Pontevedra, no que participaron  180 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

 

Quizáis che interese…