SALETA CASTRO COMPETIRÁ MAÑÁ 1 DE DECEMBRO NO IRONMAN DE COZUMEL

30 de Novembro de 2013

Saleta Castro participará mañá 1 de decembro (a partir das 7 da maña, hora mexicana) no Ironman de Cozumel, onde estarán as mellores triatletas da longa distancia.

A galega pecha a tempada con esta importante proba, na que buscará puntos para lograr a súa clasificación para o Campionato do Mundo de Hawai, obxectivo prioritario para o ano 2014. Sen embargo, puntuar en Cozumel non será precisamente sinxelo, xa que entre as participantes estarán seis das dez primeiras clasificadas do Mundial 2013, polo que o nivel será altísimo.

Este ano Saleta logrou a medalla de bronce no Ironman de Lanzarote e foi quinta no de Wisconsin, nunha tempada excepcional. Hai que recordar que as distancias do Ironman son  de 3.800 metros de natación, 18o quilómetros e bicicleta e 42,2 de carreira a pe.

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.