SUSPENDIDA A FINAL PROVINCIAL DE DUATLON ESCOLAR DE PONTEVEDRA

25 de Abril de 2014

No día de hoxe foinos comunicada a suspensión da Final Provincial de Duatlon Escolar de Pontevedra dende a Delegación de Pontevedra.

A continuación copiamos o comunicado íntegro:

_____________________________________________________________________________________________________

Debido á carencia de ambulancia para o domingo día 27 de abril, vémonos na necesidade de aprazar o Campionato Provincial de Duatlón para o próximo domingo, día 4 de maio, no concello de O Porriño, e en horario de mañá (estamos á espera de recibir o horario exacto por parte do club organizador).

Sinto que nos atopemos nesta situación, pero considero imposible realizar unha proba de duatlón sen servizo de ambulancia.

____________________________________________________________________________________________________

Desde o momento da recepción desta comunicación estamos buscando unha saída negociando coa Secretaría Xeral Para o Deporte para chegar a unha solución o máis boa posible.

O luns próximo están convocadas Xunta Directiva e  Comisión Delegada da Federación para tratar o tema. Entre o luns e martes será comunicada a todos os clubs.

Esta fin de semana celebraranse as finais provinciais de A Coruña e Lugo. A proba de Lugo celébrase en Lugo cidade (no Paseo do Rato) o sábado 26, a partir das 16:00 horas, mentres que o domingo terá lugar a proba de Coruña que se disputará en Ferrol a partir das 11:00 horas no Paseo da Malata.

As distancias a percorrer son: en Benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en Alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 de carreira a pé; en Infantil son 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e en Cadete son 2 quilómetros de carreira a pé, 8 de bicicleta e 1 quilómetro de carreira.

A provincia de Ourense tamén tivo a súa final provincial o pasado domingo, 20 de Abril.

Quizáis che interese…