AROA FREIJE, BRONCE NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON
Aroa Freije fixo hoxe historia ao converterse no primeiro/a deportista galego/a que acadou unha medalla europea no péntatlon moderno. Hoxe logrou a medalla de bronce no Europeo cadete que se está a disputar en Bielorrusia. Ademais, Aroa é a terceira deportista...
AROA FREIJE, NA OITAVA POSICIÓN NO EUROPEO CADETE DE PÉNTATLON TRALA NATACIÓN
A deportista galega Aroa Freije ocupa a oitava posición despois da celebración da primeira xornada do Campionato de Europa Cadete de Péntatlon, que se celebra estes días en Minsk (Bielorrusia) coa participación de 110 deportistas pertencentes a 20 países. Hoxe...
GALICIA, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS NA XERAL
Galicia quería o título e moito máis despois da descualificación de Jesús Gomar na proba masculina do sábado. Enfrontaba a proba de relevos mixtos coa necesidade de gañar, pero non houbo nervios e o equipo foi moi superior a todos os rivais. Desta forma, Galicia...
GALICIA, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS NA CATEGORÍA FEMININA E PRATA NA MASCULINA
Galicia volveu a amosar a súa primacía no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, que se está a celebrar esta fin de semana en Xixón. A Federación Galega logrou o título na categoría feminina, mentres que na masculina foi prata e con polémica, ao...
SETE MEDALLAS PARA GALICIA NA ÚLTIMA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO
Galicia acadou un total de sete medallas (catro ouros, dúas pratas e un bronce) na terceira e última proba do Campionato de España de seleccións autonómicas de Péntatlon Moderno celebrada hoxe en Punta Parayas (Cantabria). Na categoría benxamín a Federación só levaba...