VIVEIRO ACOLLERÁ O 20 DE XULLO O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DE CATEGORÍAS MENORES

17 de Xullo de 2014

 O Campionato Galego de Tríatlon de Categorías Menores celebrarase o domingo 20 de xullo (a partir das 11:00 horas) na localidade de Viveiro coa participación de 218 deportistas (38 benxamíns, 66 alevíns, 54 infantís e 60 cadetes).

No campionato das categorías inferiores hai clasificación individual e de clubs, e para esta última súmanse os resultados de todas as categorías. A proba disputarase no Porto de Celeiro.

As distancias serán diferentes, dependendo da categoría: Benxamín (100 metros natación – 2 quilómetros en bicicleta – 500 metros de carreira a pe); alevín (200 m. – 4 qm. – 1 qm.);  infantil (300 m. – 8 qm. – 2 qm.) e cadete (500 m. -10 qm. – 3 qm.).

O circuíto galego de Tríatlon de Menores estivo formado polas probas de Ferrol, que se celebrou o día 21 de xuño, e Pontevedra (día 12 de xullo).

Quizáis che interese…

O Anillo Cáceres

O Anillo Cáceres

Esta fin de semana celébrase no Anillo (Cáceres) as competicións nacionais e internacionais de...