XORNADAS DE TECNFICACIÓN E MENORES – ENCONTRO DE SEMANA SANTA 2023

10 de Marzo de 2023

Un ano máis a FEGATRI organizará, encadrado nas actividades de tecnificación e menores, o “Encontro de Menores de Semana Santa 2023” que nesta tempada realizarase en Lugo do 2 ao 5 de abril de 2023.

Realizaranse actividades das disciplinas de natación, ciclismo e carreira distribuídos en grupos, dirixidas polo técnico/a correspondente. Así mesmo organizarase tempo de xogo e actividades de lecer destinadas a fomentar a convivenza e traballo en equipo.

O encontro contará cun total de 45 prazas para deportistas das categorías alevín e infantil con licenza en vigor.

O prazo de inscricións está aberto ata o 20 de marzo ás 14:00. 

Información e inscrcicións.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.