A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
Recepción de solicitudes: ata o 28 de novembro de 2014.
A solicitude deberá vir acompañada dun proxecto que debe contar cos aspectos básicos que se detallan a continuación para poder avaliala.
Somos conscientes de que se traballa a longo prazo e polo tanto farémolo con previsións que despois se concretarán cos delegados e delegadas das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento ou outras realidades, pero é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.
DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
– Nome da proba
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2015 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado