A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas para a tempada 2017, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario , que aprobará a Asemblea Xeral, para a próxima tempada.
Este adianto na convocatoria de solicitude de probas para confeccionar o calendario, ven dado pola comunicación da DGT do novo procedemento de solicitude de permisos á DGT.
O calendario que pasemos a primeiros de novembro, dende a FEGATRI, terá prioridade sobre outro tipo de eventos.
A comunicación non é vinculante, todos terán que solicitar os seus propios permisos dentro dos prazos establecidos. A FEGATRI só fará unha comunicación de probas oficiais ás que se lles dará preferencia sobre calquera outra solicitada.
Ligazón ao procedemento da DGT
https://sede.dgt.gob.es/es/tramites-y-multas/autorizaciones-especiales-de-circulacion/autorizaciones-especiales/calendario-evento-deportivos.shtml
Recepción de solicitudes: ata o 28 de outubro de 2016.
A solicitude deberá vir acompañada dun proxecto que debe contar cos aspectos básicos que se detallan a continuación para poder avaliala.
Somos conscientes de que se traballa a longo prazo e polo tanto farémolo con previsións que despois se concretarán cos delegados e delegadas das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento ou outras realidades, pero é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.
DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
– Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase en word)
– Nome da proba
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2017 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado