CALENDARIO FEGATRI 2018 (TRÍATLON)
Nos seguintes enlaces podedes consultar o Calendario (ordeado por Circuítos e por datas) aprobado pola Asemblea Xeral da FEGATRI, o pasado mércores, 18/10/2017: Calendario oficial2018 ( 23-10-17) circuítos Calendario oficial2018 ( 23-10-17)...
GUSTAVO RODRÍGUEZ E PABLO DAPENA DISPUTARÁN O DOMINGO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA
Os galegos Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) participarán este domingo 22 de outubro (08:00 horas) no Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrará en Ibiza. Tamén terá lugar na illa balear a...
IVÁN RAÑA, UNDÉCIMO NO MUNDIAL DE IRONMAN DE KONA
O ordense Iván Raña rematou onte na undécima posición do Mundial de Ironmán de Kona, despois de facer unha boa maratón que lle permitiu recuperar varias posicións. O galego fixo unha moi boa natación, polo que saíu da primeira transición na sexta posición. Parecía que...
IVÁN RAÑA DISPUTARÁ O SÁBADO O CAMPIONATO DO MUNDO DE IRONMAN EN KONA
O galego Iván Raña, na categoría PRO, disputará o sábado 14 de outubro o Campionato do Mundo de Ironman en Kona (Hawai) co obxectivo de loitar polos primeiros postos. Iván Raña xa leva varias tempadas na longa distancia. A súa mellor participación en Hawai foi a de...
O día 20 de outubro, presentación do documental Oldman: o último triatleta, sobre a historia de Manuel Cruces
Coñecedes a Manuel Cruces? Con 73 anos, Cruces é o avó do tríatlon galego e español. A súa familia quixo contar a súa historia de superación a través dun documental, e para iso iniciu unha campaña de crowdfunding para acadar os fondos necesarios para realizalo e agora...
UXÍO ABUÍN, CAMPIÓN DO CIRCUITO EUROPEO TRAS LOGRAR O BRONCE NA FINAL DAS COPAS DE EUROPA EN MELILLA
Nova alegría para o tríatlon galego. Uxío Abuín (Olímpico de Vedra) logrou o triunfo no circuíto das Copas de Europa 2017, tras conseguir hoxe o bronce na Copa de Europa de Melilla (última proba do circuíto) e o abandono do, ata hoxe líder provisional, Joao Pereira....
UXÍO ABUÍN, ANTONIO SERRAT, ANDRÉS CENDÁN E INÉS SANTIAGO NA COPA DE EUROPA DE MELILLA
Os galegos Uxío Abuín (Olímpico de Vedra), Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial) e Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) disputarán o domingo 8 de outubro a Copa de Europa de Melilla, última da tempada e na que se decidirá o...
MARÍA JESÚS COYA E LUISMI VELÁSQUEZ, GAÑADORES DO II TRÍATLON BOAMORTE DE SANXENXO
María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe vencedores do II Tríatlon Boamorte de Sanxenxo, última proba do calendario da presente tempada da Federación Galega de Tríatlon. Na categoría feminina,...