SUSANA RODRÍGUEZ, CAMPIOA DO MUNDO DE PARATRÍATLON EN GOLD COAST
Magnífica tempada a de Susana Rodríguez Gacio, que completou hoxe en Gold Coast (Australia) logrando o título de campioa do mundo de Paratríatlon na categoría PTVI (para deportistas con impedimentos visuais). Era a primeira vez que disputaba o Mundial con Paula García...
ANTONIO SERRAT, OITAVO NO MUNDIAL SUB 23 DE GOLD COAST
Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou a oitava posición no Mundial sub 23, que se celebrou esta madrugada en Gold Coast (Australia). O galego foi o mellor español clasificado, tanto na categoría masculina coma feminina. A clave estivo na natación. Antonio...
A CUARTA EDICIÓN DO VERTIATLÓN VOLVE UNIR VELA E TRÍATLON POR UNHA CAUSA SOLIDARIA
Máis de 200 atletas participarán o vindeiro sábado 15 de setembro en Baiona nunha nova edición do Vertiatlón, unha competición deportiva e benéfica que une vela e tríatlon por unha causa solidaria, a de recadar fondos para impulsar a vela adaptada para persoas con...
GALICIA, MOI BEN REPRESENTADA NO MUNDIAL DE GOLD COAST
O tríatlon galego estará moi ben representado esta fin de semana en Gold Coast (Australia), na gran cita da tempada coa disputa dos mundiais júnior, sub 23 e paratríatlon e a Gran Final das Series Mundiais, na que se decidirá tamén o campión do mundo elite de tríatlon...
JOSELYN BREA, OITAVA NA COPA DE EUROPA DE VALENCIA
Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou esta fin de semana a oitava posición na Copa de Europa de Valencia, tras facer unha grande remontada no segmento da carreira a pe. Foi este o mellor resultado das e dos triatletas con licenza galega na proba de Valencia....
MARTÍN CARRERA E SONIA PARIENTE PROCLAMÁRONSE HOXE EN POIO CAMPIÓNS GALEGOS ABSOLUTOS DE ACUATLÓN
Martín Carrera (Náutico de Riveira) e Sonia Pariente (Tríatlon Rías Baixas) proclamáronse hoxe campións galegos de acuatlón absolutos, no II Acuatlón Concello de Poio, no que participaron 200 deportistas (categoría absoluta e menores). A proba absoluta comezou ás...
O CAMPIONATO DE ESPAÑA DA CORUÑA PECHOUSE COA EMOCIONANTE PROBA DE PARATRÍATLON
O Campionato de España de Tríatlon na Distancia Olímpica da Coruña pechouse hoxe coa celebración das probas de grupos de idade e do Campionato de España de Paratríatlon noutra xornada de moitísima calor, que fixo a proba moito máis esixente para as e os participantes....
UXÍO ABUÍN, PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DISTANCIA OLÍMPICA DA CORUÑA
Xisca Tous e Roberto Sánchez Mantecón proclamáronse hoxe, na emblemática Praza de María Pita da localidade de A Coruña, campións de España de Tríatlon na distancia olímpica, nunhas probas épicas pola intensa calor que soportaron as e os triatletas. Uxio Abuín logrou a...