SUSANA RODRÍGUEZ DISPUTARÁ A SEGUNDA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS EN ISEO
Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) disputará mañá (18:00 horas) en Iseo (Italia) a segunda proba das Series Mundiais de Paratríatlon, na categoría PTVI (para deportistas con discapacidade visual). Esta será a segunda proba das Series Mundiais deste ano que disputa...
O SÁBADO 30 DE XUÑO CELEBRARASE O VIII TRÍATLON CONCELLO DE POIO, QUE ESTREA PERCORRIDO
O sábado 30 de xuño celebrarase o VIII Tríatlon Concello de Poio, no que participarán un total de 220 deportistas. Esta proba, que estrea percorrido, é clasificatoria para o Campionato Galego. A competición comezará ás 15:30 horas coa saída da proba popular, na...
CARMEN GÓMEZ E PABLO DAPENA, GAÑADORES DO TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA
Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe gañadores do XVIII Tríatlon Cidade de Pontevedra. Foi unha tarde chea de competicións na cidade do Lérez, xa que ademais da proba do circuíto (clasificatoria para o Galego),...
ANTONIO SERRAT, PRATA NOS XOGOS DO MEDITERRÁNEO
Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou hoxe en Altafulla a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo, tras facer unha magnífica proba a pesar de que aínda está recuperándose dunha escordadura de nocello. O vigués fixo unha proba redonda, ao estar sempre...
RESULTADOS TRIMAN 2018
O domingo celebrouse nas Pontes de García Rodríguez a quinta edición do NorthWest Triman, que incluía unha proba da distancia Ironmán, así coma unha de media distancia. Na media distancia gañaron María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Jacobo Crego...
Gustavo Rodríguez, gañador do Tríatlon da Rioxa con Cristóbal Dios na terceira posición
O Tríatlon da Rioxa tivo sabor galego, con dous deportistas da nosa terra no podio. Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) logrou un triunfo absolutamente incontestable, mentres que o seu compañeiro de equipo Cristóbal Dios foi terceiro. O triunfo de Gustavo foi...
OS CADETES NEREA GARCÍA BUSTOS E JORGE GONZÁLEZ, VENCEDORES DO TRÍATLON POPULAR DE CAMBADOS
Os cadetes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva Nerea García Bustos (Náutico de Narón) e Jorge González (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores do Tríatlon Popular de Cambados, no que participaron 200 deportistas nun soleado día. Nerea García foi moi...
UXÍO ABUÍN, INÉS SANTIAGO E IRIA RODRÍGUEZ, NA COPA DO MUNDO DE AMBERES
Os galegos Uxío Abuín, Inés Santiago e Iria Rodríguez participarán o domingo 17 de xuño na Copa do Mundo de Amberes (Bélxica). A proba celebrarase sobre a distancia sprint, polo que os participantes terán que facer 750 metros de natación, 22,6 quilómetros de bicicleta...