Cidade de Lugo Fluvial feminino, prata no Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por equipos
O Cidade de Lugo Fluvial feminino logrou hoxe en Soria a medalla de prata no Campionato de España de Dúatlon contrarreloxo por equipos (cuarta xornada da Liga Nacional de Clubs de Dúatlon). O conxunto galego -con Sara Alemany, María Jesús Coya, María Rico, Nuria...
Vitoria de Pablo Dapena na Challengue Mogán de Gran Canaria
Espectacular actuación de Pablo Dapena na Challengue Mogán de Gran Canaria. O galego, tras unha media maratón brutal, acadou a vitoria en solitario cun tempo final de 4:00:24. Pablo foi o primeiro en saír da auga, pero na bicicleta Andy Boecherer tomou o mando e fixo...
INSCRICIÓN II OCEAN LAVA GALICIA MD E OLÍMPICA (29/04/2018)
INSCRICIÓN DEFINITIVA: Inscrición II Ocean Lava MD e Olímpico 2018
ESTA FIN DE SEMANA DECIDIRASE A LIGA NACIONAL DE CLUBS DE DÚATLON EN SORIA
Esta fin de semana decidirase en Soria a Liga Nacional de Clubs de Dúatlon, coa celebración dos campionatos de España de Dúatlon contrarreloxo por equipos e de relevos. Estes torneos serán a cuarta e quinta xornada da Liga Nacional de Clubs 2018, cos que rematará a...
OURO PARA CAMILA ALONSO, PRATA PARA IRIA RODRÍGUEZ E BRONCE PARA ANTONIO SERRAT NA COPA DE EUROPA DE MELILLA
Galicia tivo un papel protagonista na Copa de Europa de Melilla. Houbo tres medallas para triatletas galegos: Ouro para Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) en elite feminina; prata para Iria Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) en júnior feminina e bronce para Antonio...
JOSELYN BREA E BRAIS CANOSA, CAMPIÓNS GALEGOS DE DÚATLON EN NARÓN
Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe en Narón campións galegos de dúatlon 2018, nunha xornada completa de deporte, con probas para os máis pequenos e unha competición popular. O Campionato Galego de Dúatlon...
ONCE GALEGOS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA COPA DE EUROPA DE MELILLA
Once galegos (catro elite masculina e catro feminina e tres júnior) participarán este domingo 15 de abril a Copa de Europa de Melilla, terceira da presente tempada. Antonio Serrat, Uxío Abuín, Andrés Cendán e Alberto Castiñeira son os nosos representantes na proba...
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARANSE AS FINAIS PROVINCIAIS DO PROGRAMA DE DÚATLON ESCOLAR
Esta fin de semana celebraranse en Nigrán, Mondoñedo, Fene e Maside as finais provinciais do programa de Dúatlon Escolar do presente ano. En total máis de catrocentos deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete participarán nestas fases. O sábado 14...