CRISTÓBAL RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO EN GRAN BRETAÑA
O deportista galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá xoves no Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se está a disputar en Bath (Gran Bretaña) entre os días 17 e 23 de agosto. Cristóbal disputará mañá a semifinal e se logra o pase para...
UXÍO ABUÍN, QUINTO NA COPA DE EUROPA DE EGIRDIR
O galego Uxío Abuín obtivo esta fin de semana unha magnífica quinta posición na Copa de Europa de Tríatlon en Egirdir (Turquía). Abuín mantivo un nivel moi regular durante a competición, saíndo da auga do lago de Egirdir nas primeiras plazas despois de facer 1500...
SUSPÉNDESE O TRÍATLON POPULAR DE RIAZOR
SUSPÉNDESE O TRÍATLON POPULAR DE RIAZOR: esta proba estaba prevista para o día 30 de Agosto. A organización da proba vese na obriga de suspendela por cuestións organizativas. Esperamos que para a vindeira tempada se poda retomar a súa...
O 18 DE AGOSTO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO YOSITRI PONTEVEDRA
O próximo día 18 de agosto rematará o prazo de inscrición no Yositri de Pontevedra, que se disputará o 23 de agosto na cidade do Lérez. Son varias as distancias e modalidades, así que podes elixir a que mellor se te adapte. A natación terá lugar nas augas do río...
PABLO DAPENA, SEXTO NA COPA DE EUROPA DE RIGA
O galego Pablo Dapena acadou hoxe a sexta posición na Copa de Europa de Riga. O triunfo foi para o ruso Alexander Bryukhankov cun tempo de 53:43. Pablo estivo sempre entre as primeiras posicións, pero fixo unha moi mala segunda transición -“a peor da...
TAMARA GÓMEZ E DIEGO PAZ, GAÑADORES DO XV TRÍATLON CIDADE DE FERROL
Tamara Gómez (Tríatlon Ferrol) e Diego Paz (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe, nun día de moita calor, gañadores do XV Tríatlon Cidade de Ferrol, proba clasificatoria para o Campionato Galego 2015. En todas as probas celebradas (unha popular, un Nada e Corre para...
O DOMINGO 9 DE AGOSTO CELEBRARASE O XV TRÍATLON CIDADE DE FERROL CON 335 DEPORTISTAS INSCRITOS
Case 350 deportistas (335) participarán o domingo 9 de agosto no XV Tríatlon Cidade de Ferrol, proba clasificatoria para o Campionato Galego 2015. Na programación establecida figura unha proba popular, outra para as e os máis pequenos (Nada e Corre) e as federadas...
XA PODES INSCRIBIRTE NO TRÍATLON E NO ACUATLÓN DESAFÍO ILLAS CÍES 2015
O Triatlón e o Acuatlón Desafío Illas Cíes 2015, que se celebrará o día 27 de setembro, teñen aberto o prazo de inscrición, polo que todas as persoas interesadas, poderán facelo antes do día 14 de setembro. Son dúas probas espectaculares, tanto pola dureza coma pola...