O DUATLÓN E TRÍATLON CROSS, PROTAGONISTAS ESTA FIN DE SEMANA EN CASTRO URDIALES
Castro Urdiales (Cantabria) converterase esta fin de semana na capital do duatlón e o tríatlon cross, tanto a nivel español coma europeo. Entre o sábado e o luns celebraranse o Campionato de España de Tríatlon Cross, o Campionato de España e o Europeo de Duatlón Cross...
MARÍA MARTÍNEZ E BRAIS MISA, GAÑADORES DO III DÚATLON CONCELLO DO PORRIÑO
María Martínez (Atletismo Porriño) e Brais Misa (Atletismo Porriño) acadaron o triunfo no III Dúatlon Concello do Porriño, unha vitoria especial por ser na súa casa. Aproximadamente 150 deportistas participaron nesta proba, que se celebrou sobre a distancia sprint...
A vila do Louro celebra este sábado o III Dúatlon Concello do Porriño
Máis de 150 deportistas participarán este sábado no III Dúatlon Concello do Porriño, que nesta edición inclúe modificacións no percorrido. O martes 15 de setembro celebrouse no salón de plenos do Concello de Porriño, a presentación do III Dúatlon Concello do Porriño...
CLASIFICACIÓNS CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR NA PASTORIZA
O día 31 de maio celebrouse na Pastoriza a final galega do Duatlón Escolar coa participación de 220 deportistas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete. A continuación, as clasificacións: Clasificacións Cto. Galego Duatlon Escolar, A Pastoriza 2015 ...
O campionato galego de duatlón escolar celebrarase o 31 de maio na Pastoriza
A final do Campionato Galego de Duatlón Escolar celebrarase o próximo día 31 de maio (11:00 horas) na Pastoriza (Lugo) coa participación de 220 deportistas. Hoxe tivo lugar a presentación da proba no Concello coa participación da tenente de alcalde Elva Carrera...
O 9 DE MAIO CELEBRARASE EN REDONDELA A FINAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE DUATLÓN ESCOLAR
Este sábado 9 de maio (a partir das 10:30 horas) celebrarase en Redondela a final provincial de Pontevedra do programa “Xogade” de Duatlón Escolar coa participación de 72 deportistas. As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os...
SUSANA RODRÍGUEZ, CAMPIOA DE EUROPA DE DUATLÓN
A viguesa Susana Rodríguez logrou o título de campioa de Europa de Duatlón en Alcobendas. Foi unha carreira moi complicada por culpa dunha avaría na bicicleta. A galega sufriu a rotura do cambio durante o sector de bicicleta e tivo que rematar sen meter prato. A clave...
INÉS SANTIAGO, SEXTA NO EUROPEO DE DUATLÓN
A galega Inés Santiago logrou a sexta posición no Campionato de Europa de Duatlón que se celebrou hoxe en Alcobendas. Inés quedou descolgada nos últimos metros do primeiro segmento de carreira a pe e esta situación foi determinante no resto da proba. Aínda que a...