SUSANA RODRÍGUEZ, NA PRESENTACIÓN DO EQUIPO PARALÍMPICO GALEGO DE RÍO
A viguesa Susana Rodríguez Gacio foi unha das protagonistas na presentación do equipo paralímpico galego de Río, que se celebrou hoxe en Vigo. No acto estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, un representante do Comité Paralímpico...
CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, 27º NO CAMPIONATO DO MUNDO DE PÉNTATLON MODERNO
Cristóbal Rodríguez rematou na 27ª posición no Campionato do Mundo de Péntatlon Moderno, que se celebrou hoxe en Moscú (Rusia). O galego, que fixo unha competición máis discreta que na semifinal do xoves, cumpriu un soño disputando esta final, cos mellores do mundo,...
GALICIA ACADA SEIS MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO DE CATEGORÍAS MENORES
Galicia acadou un total de seis medallas (tres ouros, dúas pratas e un bronce) no Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores, que se celebrou hoxe en Santander coa organización conxunta das Federacións Galega e Cántabra. Ademais, Raul Blanco...
IRIA RODRÍGUEZ E MARTÍN CARRERA, CAMPIÓNS DO IV TRÍATLON POPULAR PORRIÑO-TUI
Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) e Martín Carrera (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores do IV Tríatlon Popular Porriño-Tui, que uniu as localidades do Porriño e Tui, con máis de 300 participantes. Na categoría feminina a gran atracción era a triatleta...
GRANDES RESULTADOS NO EUROPEO DE LISBOA
O Europeo de Lisboa serviu para que Gómez Noya mostrase as súas credenciais cara aos Xogos de Río. O ferrolán logrou o seu cuarto Europeo, nunha proba que controlou de principio a fin. Pola súa banda, o vigués Antonio Serrat, que arrastraba molestias nun xeonllo,...
SUSANA RODRÍGUEZ, BRONCE NO EUROPEO DE PARATRÍATLON
A galega Susana Rodríguez Gacio acadou a medalla de bronce no Europeo de Paratríatlon, que se disputou hoxe en Lisboa. A nosa deportista competía xunto á súa nova guía, Mabel Gallardo, coa que aínda leva moi poucos adestramentos. Así que o resultado é moi positivo. A...
A SELECCIÓN GALEGA PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CATEGORÍAS MENORES DE PÉNTATLON MODERNO
Mañá 28 de maio celebrarase en Santander o Campionato de España de categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete), que será tamén unha proba Open, para que poidan participar fóra de concurso deportistas de categorías superiores. Este torneo será organizado...
CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, CLASIFICADO PARA A FINAL DO MUNDIAL DE PÉNTATLON MODERNO
Cristóbal Rodríguez logrou hoxe en Moscú a súa clasificación para a final do Mundial de Péntatlon Moderno. O galego fixo unha semifinal excepcional, logrando o segundo posto no seu grupo de 32 deportistas. Así, Cristóbal acadou o seu obxectivo fundamental que era...