ÉPICO TRIUNFO DE GÓMEZ NOYA EN YOKOHAMA NUN ESPECTACULAR SPRINT CON ALISTAIR BROWNLEE
Javier Gómez Noya logrou hoxe un espectacular triunfo na quinta proba das Series Mundiais disputada en Yokohama (Xapón) e da forma máis meritoria posible: Nun cara a cara con Alistair Brownlee, ao que superou nun impresionante sprint final. Primeira vitoria do ano...
A FEDERACIÓN GALEGA RECORDA A NECESIDADE DE MANTER AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE COS CICLISTAS NA ESTRADA
A Federación Galega de Tríatlon, ante a nova onda de atropelos a ciclistas nas estradas, volve a recordar aos condutores a necesidade de manter as distancias de seguridade entre os vehículos e as bicicletas. Ese metro e medio pode ser decisivo para previr a existencia...
GÓMEZ NOYA E ALARZA, EN YOKOHAMA NA QUINTA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS DE TRÍATLON 2015
Javier Gómez Noya buscará en Yokohama (Xapón) na madrugada do sábado 16 de maio (06:06 hora galega, TVG) a primeira vitoria da tempada nunha proba das Series Mundiais de Tríatlon. Xunto a el, Fernando Alarza, que está a facer unha campaña excepcional, ocupando o...
O 16 DE MAIO CELEBRARASE EN BAIONA O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON DISTANCIA CURTA SEN DRAFTING
O sábado 16 de maio terá lugar en Baiona o I Tríatlon Atlántico Baiona – Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2015, coa participación de case 400 deportistas. O Campionato Galego dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de...
ESTA FIN DE SEMANA DISPUTARASE EN OROPESA DO MAR A COPA DO REI E O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR RELEVOS
Oropesa do Mar acollerá esta fin de semana a Copa do Rei de Tríatlon (sábado 16) e o Campionato de España de Tríatlon por relevos (día 17). Tamén se celebrarán os campionatos de España de tríatlon por clubs e a contrarreloxo por equipos en idade escolar. Galicia...
OURO PARA SUSANA RODRÍGUEZ NA PROBA MUNDIAL DE PARATRIATLON DE MADRID
A viguesa Susana Rodríguez logrou hoxe o ouro na Madrid ITU World Paratriathlon, unha proba dun altísimo nivel competitivo. Era a proba máis importante da presente tempada para Susana, xa que se enfrontaba a rivais duras e ademais volvía a competir con Mayalen...
UXÍO ABUÍN, GAÑADOR DA COPA DE EUROPA DE MADRID
O galego Uxío Abuín (Tri Arteixo) logrou hoxe a vitoria na Copa de Europa de Madrid, nunha boa xornada para as e os deportistas galegos. O aspecto negativo chegou da man de Antonio Serrat e Melina Alonso: Ambos con problemas estomacais non puideron competir polo...
ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE A COPA DE EUROPA DE MADRID CON VARIOS GALEGOS
Este domingo 10 de maio celebrarase a Copa de Europa de Madrid, coa presenza de varios deportistas galegos. Ademais, o mesmo domingo terá lugar a 2015 Madrid ITU World Paratriathlon, na que participará a viguesa Susana Rodríguez. Madrid acollerá por segundo ano...