JAVIER GÓMEZ NOYA, IMPARABLE NO TEST OLÍMPICO DE RÍO
Triunfo inapelable de Javier Gómez Noya no Test Olímpico, que se celebrou hoxe en Río. Foi unha vitoria excepcional, fronte aos mellores triatletas do mundo e na que o galego estivo sempre ben colocado e atacou na carreira a pe para chegar en solitario á liña de...
Susana Rodríguez, cuarta no Test Olímpico de Río
A viguesa Susana Rodríguez Gacio, xunto coa súa guía Mayalen Noriega, rematou na cuarta posición do Test Olímpico na categoría PT-5 de paratriatlon, que se celebrou hoxe en Río coa participación das mellores paratriatletas do mundo. As dúas británicas Melissa Reid e...
GÓMEZ NOYA, ALARZA E SUSANA RODRÍGUEZ PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO TEST OLÍMPICO DE RÍO
Os galegos Javier Gómez Noya, Fernando Alarza e Susana Rodríguez participarán esta fin de semana no Test Olímpico que se celebrará en Río. Será, sen dúbida, unha moi boa oportunidade para coñecer o circuíto no que se disputarán os Xogos Olímpicos dentro dun ano. Por...
ANTONIO SERRAT, QUINTO NO CAMPIONATO DE EUROPA SUB 23 EN BANYOLES
Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou nunha magnífica quinta posición no Campionato de Europa sub 23, que se celebrou hoxe en Banyoles. Na categoría feminina, frouxa actuación das nosas representantes. Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) rematou na 27ª...
ANTONIO SERRAT E AS IRMÁS CAMILA E MELINA ALONSO DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE EUROPA SUB 23 EN BANYOLES
Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) participarán esta fin de semana no Campionato de Europa sub 23 que se celebrará en Banyoles. Ademais, na categoría youth disputarase o Europeo de relevos coa...
A CORUÑA ACOLLERÁ O DOMINGO 26 A SEGUNDA EDICIÓN DA PROBA POPULAR HÉRCULES XTRM CON 530 INSCRITOS
A cidade da Coruña acollerá o domingo 26 de xullo a segunda edición da proba popular Hércules XTRM, que conta cunha inscrición de 530 deportistas. Nesta segunda edición, ademais da proba XTRM (tríatlon de media distancia) tanto na su vertente individual coma...
GALICIA PROCLAMOUSE CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS TRAS GAÑAR A PROBA DE RELEVOS
Galicia proclamouse hoxe en Almazán (Soria) campioa de España de Tríatlon por Autonomías, tras lograr o triunfo na proba de relevos mixtos. A proba de hoxe era decisiva, xa que Galicia chegaba como líder, pero so cun punto de vantaxe sobre Andalucía. E esta loita...
GALICIA LIDERA A CLASIFICACIÓN DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON POR AUTONOMÍAS TRALA PRIMEIRA XORNADA
Galicia lidera a clasificación xeral provisional trala disputa da primeira xornada do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías, que se está a celebrar esta fin de semana en Almazán (Soria). A selección feminina logrou o triunfo de forma brillante, mentres que o...