1.500 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT E ACUATLÓN DE PONTEVEDRA
Os Campionatos de España de Tríatlon Sprint e de Acuatlón, que se celebrarán os días 20 e 21 de xuño en Pontevedra, reunirán a 1.500 deportistas, entre os cales destaca a presenza do catro veces campión do mundo, Javier Gómez Noya. Hoxe tivo lugar o acto de...
FERNANDO ALARZA, UNDÉCIMO NOS XOGOS EUROPEOS DE BAKÚ
Fernando Alarza rematou na undécima posición na proba de tríatlon masculina dos primeiros Xogos Europeos de Bakú, que se disputou hoxe sobre a distancia olímpica. O británico Benson foi o inesperado gañador da proba, ao aproveitar unha escapada na bicicleta que foi...
IÑAKI PENA-MANSO E MAR VILLAR, GAÑADORES DO AVIAMÁN 2015
Iñaki Pena-Manso (Tríatlon Coruña) e Mar Villar (Trinorth-Nogasa) proclamáronse hoxe campións da cuarta edición de Aviamán, na que participaron 120 deportistas. Esta foi a primeira proba de tríatlon de media distancia que se disputou en Galicia hai xa cinco anos e...
RITA LOPES E SERGIO GARCÍA GAÑAN O II TRÍATLON RÍAS BAIXAS
Rita María Lopes (McDonald´s/TriBraga) e Sergio García (Arcade Inforhouse) gañaron hoxe en Sanxenxo o II Tríatlon Rías Baixas, no que participaron 340 deportistas. Esta competición disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros...
GALICIA REGRESA DE SORIA CON DOCE MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLAR E FEDERATIVO DE PÉNTATLON DE CATEGORÍAS MENORES
Galicia acadou en Soria un total de doce medallas nos Campionatos de España de Péntatlon Moderno de categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete) escolar e federativo. No torneo escolar, que se celebrou o sábado, só se disputaron as probas de...
GALICIA PARTICIPARÁ ESTA FIN DE SEMANA EN SORIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PÉNTATLON DE CATEGORÍAS MENORES
Galicia desprazará a 14 deportistas ao Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores, que se celebrará esta fin de semana en Soria. O sábado terá lugar o campionato de España escolar e o domingo o campionato de España de categorías menores. No...
O 14 DE XUÑO CELEBRARASE EN SANXENXO O II TRÍATLON RÍAS BAIXAS CON 340 DEPORTISTAS
O domingo 14 de xuño (a partir das 09:30 horas) terá lugar en Sanxenxo o II Tríatlon Rías Baixas, que conta cunha inscrición de 340 deportistas. Esta competición dispútase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10...
AVIAMÁN CELEBRARÁ O DOMINGO 14 DE XUÑO A SÚA CUARTA EDICIÓN
O domingo 14 de xuño terá lugar a cuarta edición de Aviamán coa participación de 120 deportistas. Esta é a primeira proba de tríatlon de media distancia que se disputou en Galicia e destaca polo duro percorrido de ciclismo. A proba, patrocinada pola Deputación...