ANTONIO SERRAT DEBUTARÁ NUNHA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS ESTA FIN DE SEMANA EN LONDRES
Antonio Serrat debutará o domingo 31 de maio en Londres nunha proba das Series Mundiais. O vigués da un paso adiante na súa carreira, no primeiro ano na categoría sub 23, e nunha tempada na que está acadando magníficos resultados. Xunto a el estará o seu compañeiro...
O DOMINGO 31 CELEBRARASE O III TRÍATLON CONCELLO DE RIVEIRA CON CASE TRESCENTOS DEPORTISTAS
O domingo 31 de maio celebrarase o III Tríatlon Concello de Riveira, que nesta edición é o Campionato Galego na Distancia Curta (1,5 quilogramos de natación, 40 de ciclismo e 10 de carreira a pe) e clasificatorio para o Campionato de España. En todas as probas...
SALETA CASTRO, SÉTIMA NO IRONMÁN DE LANZAROTE
Saleta Castro rematou hoxe na sétima posición o Ironmán de Lanzarote, na que foi a súa terceira participación. A galega, que comezou a proba de forma espectacular, foi perdendo forzas tanto na bicicleta coma na carreira a pe. Aínda así hai que destacar que na última...
SALETA CASTRO PARTICIPARÁ NO IRONMAN DE LANZAROTE
Saleta Castro participará o sábado 23 no Ironman de Lanzarote, unha proba do máximo prestixio na que se atopa moi a gusto e acada magníficos resultados. No 2013 acadou a medalla de bronce e no 2014 foi a quinta clasificada. Saleta enfronta este reto en boas condicións...
TRIATLON FERROL, CAMPIÓN DA COPA DO REI E DO CAMPIONATO DE ESPAÑA POR RELEVOS FEMININO
O Tríatlon Ferrol foi o protagonista principal das competicións desenvolvidas esta fin de semana en Oropesa do Mar. O club ferrolán logrou o título na Copa do Rei e no Campionato de España de Tríatlon por relevos, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial logrou catro...
UXÍO ABUÍN E MARÍA ORTEGA, CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON DISTANCIA CURTA SEN DRAFTING
Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) e María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe en Baiona campións do I Tríatlon Atlántico Baiona – Campionato Galego de Tríatlon Curta Distancia sen Drafting 2015. Foi unha proba espectacular, nun día moi caloroso e...
ÉPICO TRIUNFO DE GÓMEZ NOYA EN YOKOHAMA NUN ESPECTACULAR SPRINT CON ALISTAIR BROWNLEE
Javier Gómez Noya logrou hoxe un espectacular triunfo na quinta proba das Series Mundiais disputada en Yokohama (Xapón) e da forma máis meritoria posible: Nun cara a cara con Alistair Brownlee, ao que superou nun impresionante sprint final. Primeira vitoria do ano...
A FEDERACIÓN GALEGA RECORDA A NECESIDADE DE MANTER AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE COS CICLISTAS NA ESTRADA
A Federación Galega de Tríatlon, ante a nova onda de atropelos a ciclistas nas estradas, volve a recordar aos condutores a necesidade de manter as distancias de seguridade entre os vehículos e as bicicletas. Ese metro e medio pode ser decisivo para previr a existencia...