JAVIER GÓMEZ NOYA E SUSANA RODRÍGUEZ, HOMENAXEADOS POLA XUNTA
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, ofreceu no día de hoxe unha recepción aos deportistas galegos que lograron medallas nos campionatos internacionais das diferentes modalidades. Entre os homenaxeados figuraban Javier Gómez Noya, que se proclamou...
SALETA CASTRO, QUINTA NO IRONMAN DE MALASIA
A galega Saleta Castro rematou na quinta posición no Ironmán de Malasia cun tempo total de 10:00:23. Saleta saíu da auga na segunda posición, pero na bicicleta perdeu algunhas posicións para chegar á T2 na quinta posición. Despois, na carreira a pe mantivo ese posto...
LOITO NO TRÍATLON MUNDIAL POLO PASAMENTO DE LAURENT VIDAL
O mundo do tríatlon está de loito polo pasamento do triatleta francés Laurent Vidal, de 31 anos de idade, tras sufrir un paro cardíaco. Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno queremos sumarnos a dor da súa familia e amigos neste doloroso e...
PABLO DAPENA, CUARTO NA COPA DE ASIA DE HONG KONG
O triatleta galego Pablo Dapena pechou a tempada acadando a cuarta posición na Copa de Asia de Hong Kong, que se disputou esta fin de semana. O deportista do Cidade de Lugo Fluvial, que a pasada semana tivo que retirarse da Copa do Mundo de Tongyeong por molestias nun...
PABLO DAPENA COMPETIRÁ ESTA FIN DE SEMANA EN HONG KONG
O triatleta galego Pablo Dapena pechará a súa campaña competindo na Copa de Asia de Hong Kong esta fin de semana. O deportista do Cidade de Lugo Fluvial, que a pasada semana tivo que retirarse da Copa do Mundo de Tongyeong, por molestias nun pe. Agora leva unha semana...
Prata para Gustavo Rodríguez no Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia
Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou a medalla de prata no Campionato de España de Longa Distancia, celebrado hoxe en Ibiza. O tudense fixo unha gran remontada na carreira a pe para lograr esta segunda posición e poñer en apuros ao campión, que foi...
MELINA ALONSO, OITAVA NA COPA DE EUROPA DE LARACHE
Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) rematou na oitava posición na Copa de Europa de Larache, que se disputou esta fin de semana. Pola súa banda Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) tivo que retirarse por lesión na Copa do Mundo de Tongyeong (Corea do Sur). Melina estivo...
XORNADAS ABERTAS FEGATRI
Convócase a todos os membros desta federación a unhas xornadas de debate, acerca de calquera tema que se considere de interese, para mellorar o funcionamento da FEGATRI: Os seus estamentos e competicións, normativas de competición, regulamentos, formación de...