O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DISTANCIA OLÍMPICA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN BANYOLES
A localidade catalá de Banyoles acollerá esta fin de semana (3 e 4 de setembro) o Campionato de España de Tríatlon na distancia olímpica cunha importante representación das e dos deportistas galegos que tentarán loitar polos primeiros postos da clasificación. Ademais,...
O I TRÍATLON BOAMORTE REUNIRÁ O DOMINGO 4 DE SETEMBRO EN SANXENXO A 350 PARTICIPANTES
O domingo 4 de setembro celebrarase en Sanxenxo o I Tríatlon Boamorte coa participación de 350 deportistas. Esta proba disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe) sen drafting, é dicir, os...
INÉS SANTIAGO E ANTONIO SERRAT PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON
Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe campións galegos de Tríatlon 2016, no XVI Tríatlon Cidade de Pontevedra, que reuniu a case 400 deportistas. Na categoría feminina houbo moita competitividade, con...
CASE CATROCENTOS PARTICIPANTES NO TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA, QUE SE CELEBRA O 27 DE AGOSTO
Pontevedra acolle este sábado 27 de agosto o XVI Tríatlon Cidade de Pontevedra, que é ademais Campionato Galego de Tríatlon 2016. A organización dispuxo un importante número de probas ao longo de toda a tarde o que significará que case 400 deportistas estarán facendo...
ALBERTO GONZÁLEZ E MARÍA SANTISO, VENCEDORES DO XXVII TRÍATLON POPULAR VILA DE ALLARIZ
Alberto González (NFoque Race Team) e Ana María Santiso (Natación Pabellón Ourense) proclamáronse onte gañadores do Tríatlon Popular Vila de Allariz, cunha participación de 150 deportistas. Na categoría masculina repetiu triunfo o vencedor do pasado ano, Alberto...
MELINA ALONSO E LUISMI VELÁSQUEZ GAÑAN O XVI TRÍATLON CIDADE DE FERROL
Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe campións do XVI Tríatlon Cidade de Ferrol, último clasificatorio para o Campionato Galego 2016. A proba asistiu o pentacampión do mundo Javier Gómez Noya, lesionado, que...
O XVI TRÍATLON CIDADE DE FERROL DISPUTARASE MAÑÁ CON MÁIS DE 300 DEPORTISTAS INSCRITOS
O sábado 20 de agosto celebrarase o XVI Tríatlon Cidade de Ferrol, último clasificatorio para o Campionato Galego 2016. Entre todas as probas previstas (unha popular, un Nada e Corre para os máis pequenos e a proba federada) hai unha inscrición de máis de 300...
O SÁBADO 20 DE AGOSTO CELÉBRASE O XXVII TRÍATLON POPULAR VILA DE ALLARIZ CON 150 INSCRITOS
O sábado 20 de agosto (18:00 horas) terá lugar o XXVII Tríatlon Vila de Allariz coa participación de 150 deportistas, cantidade máxima permitida pola organización polas características do lugar onde se celebra. Coma ven sucedendo cada ano, a inscrición encheuse en...